Saltar al contenido

A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973 por Blanco Amor, Eduardo

marzo 30, 2019

A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973

A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973

Título del ebook: A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973
Autor: Blanco Amor, Eduardo
Editorial: Editorial Galaxia
Categoría: Libros
Fecha de publicación: 1/27/2005
Número de páginas: 204
ISBN: 9788482887357
Idioma: Español
Más información del libro: No posee

Accede a tus E-Books Favoritos!

 

Descripción del libro:

Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo. O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica de indubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada de Eduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar o mundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías que se recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramente estética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalo desde a súa propia concepción da realidade. Unha obra eminentemente artística, resultado do interese do propio autor polas tendencias fotográficas da época e da historia da fotografía que nela se ven reflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe.

Sobre el autor:

(Ourense 1897-Vigo 1979). A produción literaria de Blanco Amor comezou coa publicación de Romances Galegos (1928). A principios dos anos trinta entra en contacto con Castelao e con outros membros do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Escribe Poema en catro tempos (1931) e desde Bos Aires colabora coa revista Nós. Foi ademais o fundador e director do Teatro Popular Galego (1957). Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que será nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega, e xa en Galicia leva ao prelo Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para títeres e Teatro pra a xente). Saber máis »