Saltar al contenido

Atravesar o espello . A arte de ler por Seoane, Xavier

abril 17, 2019

Atravesar o espello . A arte de ler

Atravesar o espello . A arte de ler

Título del ebook: Atravesar o espello . A arte de ler
Autor: Seoane, Xavier
Editorial: Edicións Xerais
Categoría: Estudios literarios
Fecha de publicación: 2/8/2000
Número de páginas: 168
ISBN: 9788483024744
Idioma: Español
Más información del libro: Estudios literarios: general | Ensayos literarios

Accede a tus E-Books Favoritos!

 

Descripción del libro:

Atravesar o espello quere ser unha reflexión sobre os libros e a lectura, pero sobre todo unha invitación a ler, a máis fermosa, fecunda e incesante viaxe. Rompendo as convencións do xénero, mesturando a reflexión con apuntes de memorias ou digresións persoais, é unha obra que celebra o mundo do libro e da lectura como arcas primordiais do corazón humano e do coñecemento e a creación intelectual universais. Intentando espertar vocacións lectoras, concibe o libro como un instrumento inevitábel de formación moral, estética, intelectual, científica e profesional, mais sobre todo convida á descuberta da lectura como fonte irreparábel de pracer, como talismán interminábel de emoción e de gozo dentro da máis común cotianidade. Nada tan cercano como a lectura para soñar, para vivir coa máis radical intensidade.

Sobre el autor:

Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde os 70 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Membro fundador da revista e foro �Luzes de Galiza� e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca �Don do horizonte� (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios �Dársenas do ocaso� (2002), �Vagar de amor e sombra� (2004), �Para unha luz ausente� (2006), �Do ventre da cóbrega� (2008), �Raíz e soño� (2009) e �Espiral de sombras� (2013). No ensaio artístico, editou �Identidade e convulsión� (1990), !Reto ou rendición� (1994), e libros, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, �Atravesar o espello� (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; �O sol de Homero� (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; �Saudar a vida�(Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; e �Todos somos Ulises� (Xerais, 2016). Na narrativa, publicou as novelas �Ábrelle a porta ao mar� (2000), �Filiberto e Sofonisba� (2010) e �A Dama da noite� (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, �Irispaxaros� (1984), �A rocha imantada� (2011) e coordinou o libro ” Os aforismos do riso futurista ” (Xerais, 2017). Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.